LABORATORIO DE ACELERACIÓN DE PROXECTOS

AUDIOVISUAIS

Axudámosche a impulsar o teu proxecto

DUNHA PRODUCIÓN A UNHA PRODUTORA

Durante 8 meses recibirás da man de expertos:

Mentorización
personalizada

Un experto en emprendemento creará un programa de  titorización persoalizado e adaptado as túas necesidades.

 
Capacitación e
formación

Participarás nun programa formativo onde se explorarán as últimas metodoloxías aplicadas ao emprendemento.

Acceso a
financiamento

Poderás presentar o teu proxecto para darlle visibilidade e captar financiamento.

Únete a unha comunidade creativa e potencia o teu talento audiovisual

Rede de contactos

Asistir de forma periódica a eventos coma encontros, almorzos de traballo, visitas a empresas.

Visibilidade

Aproveitar as canles dixitais do laboratorio para darlle visibilidade ao teu proxecto.

Bolsa de axudas

Acceso á bolsa de axudas para 7 participantes e poder impulsar o teu proxecto audiovisual.

Espazo de traballo

Terás a túa disposición un lugar, en Espazo A Proa reservado para ti onde desenvolver o proxecto.

INTERÉSACHE SE:

Eres creador ou creadora cun proxecto sen iniciar ou en fase de creación ou desenvolvemento que non teña unha data de inicio prevista de rodaxe.

Tes unha idea empresarial ou xa tes a túa actividade iniciada cunha antiguedade máxima de 42 meses.

Proxectos curtametraxes, longametraxes, series, documentais de creación ou participativos, narrativas inmersivas e de realidade virtual e outros contidos audiovisuais.

FORMA PARTE DE ALGO GRANDE E CONVIRTE O TEU PROXECTO NUNHA REALIDADE

INSCRÍBETE XA

Prazo de inscrición aberto ata o 12 de abril ás 23:59 h

Copyright © 2024. Todos Os Dereitos Reservados
amesAv_lab

Aviso Legal